Ábrese o prazo de solicitude para os Campamentos de Verán do Concello de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Estas actividades están relacionadas co II Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Marín, dentro da Área Formación, emprego e conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cuxo obxectivo é promover a modificación de roles por razón de xénero en relación ao reparto de tarefas domésticas, cargas familiares e sociais. Unha das actuacións recollida no plan é a organización de talleres e campamentos durante períodos de vacacións escolares para que as familias poidan gozar de respiros parentais.

Os Campamentos de Conciliación do Concello de Marín están validados dende o ano 2012 pola Secretaría Xeral de Igualdade e forman parte do Catálogo público de medidas municipais de conciliación de promoción autonómica.

23 de abril de 2014 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.