Aberto o prazo de inscripción nos cursos preparatorios para as probas de Competencias Clave (Nivel 2)

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Emprego do Concello de Ferrol, Martina Aneiros Barros, lembrou hoxe que continúa aberto o prazo para inscribirse aos cursos de preparación para as probas de Competencias Clave (nivel ) no Centro Municipal de Emprego, situado na rúa Sagrada Familia número 56. Ao respecto, a edil Aneiros Barros sinalou que este é o terceiro ano que o Concello de Ferrol prepara a través de cursos de apoio a persoas desempregadas para as probas de Competencia Clave de nivel 2 convocadas pola Xunta de Galicia.

As prazas para estes cursos de apoio son limitadas, polo que as persoas interesadas en participar nos mesmos teñen de prazo para facelo até o vindeiro día 9 de abril. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de 7 de marzo publica a convocatoria das probas de avaliación en competencias clave que terán lugar o vindeiro 24 de maio de 2014. Para preparar estas probas a Administración ferrolá organiza dous cursos que se desenvolverán nas instalacións do Centro Municipal de Emprego.

Un número moi elevado de persoas en situación de desemprego carecen de formación ESO ou equivalente, o que lles impide ter acceso aos cursos de formación ocupacional para persoas desempregadas con certificado de profesionalidade nivel 2, que representa a maior parte da oferta formativa. A edil de Emprego explica que posuír as competencias clave nivel 2 dá a posibilidade ás persoas que non teñen a titulación requirida, acceder aos cursos de formación ocupacional con certificado de profesionalidade.

Máis información

As prazas son limitadas, polo que todas as persoas desempregadas e con preferencia aquelas domiciliadas no Concello de Ferrol, poden inscribirse a estes cursos de preparación até o día 9 de abril no Centro Municipal de Emprego (rúa Sagrada Familia, 56. Teléfono de contacto: 981 944 195. Enderezo en internet: www.ferrol.es/emprego).

4 de abril de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.