Aberto o prazo de inscricións no concurso de Maios e Coplas 2014 de Ourense ata o día 30

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Xa queda menos para o comezo da festividade dos Maios, declarada de Interese Turístico, que este ano coincide coa estrea da cidade como Capital Cultural do Eixo Atlántico.

Como ven sendo habitual, o Concello de Ourense aprobou as bases das dúas modalidades do concurso de Maios e Coplas no que poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos, entidades e calquera persoa que o desexe.

Serán en total dúas modalidades de concurso, por un lado o dos Maios, que se divide á súa vez en Enxebre (300 euros de premio) e Artístico (400 euros de premio), e por outro o das Coplas (200 euros de premio).

Ademais haberá outra categoría a maiores que é a do Maio escolar (300 euros de premio). Todos os Maios participantes recibirán unha axuda pola participación de 200 euros para os enxebres e de 400 para os artísticos.

No pasado ano houbo un total de 32 Maios inscritos.

9 de abril de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.