A VIII reunión da AGAPap celebrarase en Santiago o sábado 5 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap) celebrará o sábado 5 de abril a súa VIII reunión anual, no Edificio Cersia (barrio de San Lázaro) de Santiago de Compostela.

Máis de 70 pediatras galegos e profesionais chegados doutras partes de España daranse cita neste evento anual que xa é referencia. Esta cita quere poñer en común e procurar solucións  para os problemas da disciplina, ao tempo que procura a actualización de coñecementos e a mellora da formación.

A VIII Reunión da AGAPap conta cun programa específico e a participación de destacados expertos; deste xeito achegarase á Saúde Mental Infantil coa Dra. Ana Gago Ageitos; á Patoloxía da Puberdade, coa Dra. Lourdes Ibáñez; ás técnicas de urxencias en Pediatría de Atención Primaria, co Dr. Jordi Fábrega Sabaté; e á Xenómica co Dr. Ángel Carracedo.

 A presidenta de AGAPap, a doutora Teresa Valls, apunta: “Como todos os anos, os pediatras de Atención Primaria de Galicia reunirémonos para actualizarmos coñecementos en distintos campos  da nosa especialidade,   así como  para ter tempo para relacionarnos entre nós.

Nesta ocasión, e co subtítulo de “ampliando horizontes”,  o obxectivo da nosa xornada é tratar temas da mesma que están a gañar peso nos últimos anos”.

Contidos e Programa da Reunión

Unha conversa co experto, dous seminarios, unha conferencia de clausura e a asemblea xeral da Asociación forman parte do programa para esta edición.

A primeira intervención do programa correrá a cargo da Dra. Ana Gago Ageitos, Facultativa Especialista da Área de Psiquiatría Infanto-Xuvenil do CHUS Santiago de Compostela. A doutora achegarase a “Saúde Mental Infantil” na sesión denominada “conversas co experto”.

O primeiro seminario será impartido pola pediatra Dra. Lourdes Ibáñez, o seu título: “Patoloxía da Puberdade”. A doutora é profesora titular de pediatría da Universidade de Barcelona e especialista en Endocrinoloxía do Hospital Sant Joan de Deu. A doutora é tamén coordinadora do Grupo de Investigación de Enfermidades de Orixe Fetal.

Tras esta intervención chegará a Asemblea Xeral de AGAPap.

Xa pola tarde será o tempo do seminario “Técnicas de Urxencias en Pediatría de Atención Primaria”. O doutor Jordi Fábrega Sabaté, Xefe de Servizo de Pediatría Área Pediátrica do Alt Urgell e da Unidade Materno infantil do Alt Urgell, será quen o imparta.

A conferencia de clausura estará a cargo do doutor Ángel Carracedo Rodríguez e leva por título “A Xenómica e o Pediatra de Atención Primaria”. O reputado doutor Carracedo é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago e director do Centro Nacional de Xenotipado.-ISCIII.

Fins da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria

A AGAPap conta con arredor de 200 socios e ten como obxectivos organizar actividades formativas para os seus socios co fin de actualizar coñecementos; informaren dos avances científicos e elevar o nivel de competencia dos profesionais que traballan na pediatría de Atención Primaria de Galicia; e ser o vehículo que permita trasladar as inquietudes e os problemas relacionados coa profesión ás autoridades encargadas de xestionar a sanidade, co fin de optimizar os recursos dos que se dispoñen.

A Asociación considera fundamental:

– A asignación dun pediatra de cabeceira para todos os nenos e nenas galegos.

– A procura duns servizos prestados de alta calidade, e que esta sexa equitativa independentemente do nivel socioeconómico, raza, lugar de residencia…

– O incremento dos medios diagnósticos e da capacidade resolutiva dos centros de saúde, para ofrecer o mellor servizo e que se poidan abordar e resolver o maior número posible de problemas sanitarios con eficacia e sen necesidade de acudir ao centro hospitalario.

Programa da VIII Reunión anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primara (AGAPap)

09:00-09:30 h Acto de inauguración

09:30-11:00 h Conversacións co experto: “Saúde Mental Infantil”

Dra. Ana Gago Ageitos. Facultativa Especialista de Área. Psiquiatría Infanto-Xuvenil. CHUS  Santiago de Compostela

11:15-13:15 h Seminario: “Patoloxía da Puberdade”

Dra. Lourdes Ibañez Toda. Prof. Titular de Pediatría. Universitat de Barcelona. Médico especialista en Endocrinoloxía Hosp. Sant Joan de Deu. Barcelona. Coordinadora do Grupo de Investigación de Enfermidades de Orixe Fetal

13:15-14:00 h Asemblea Xeral da AGAPap.

16:00-18:00 h Seminario: “Técnicas de Urxencias en Pediatría de Atención Primaria”

Dr. Jordi Fábrega Sabaté. Xefe de Servizo de Pediatría Área Pediátrica del Alt Urgell e da Unidade Materno infantil del Alt Urgell

18:15-19:30 h Conferencia de Clausura: “A Xenómica e o Pediatra de Atención Primaria”

Dr. Ángel Carracedo Rodríguez. Director da F.P.  Galega de Medicina Xenómica.

Catedrático de Medicina Legal da USC. Director do Centro Nacional de Xenotipado- ISCIII

2 de abril de 2014 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.