Á venda as entradas para o partido Rio Natura Monbus – C.B. Valladolid
A vixésimo oitava xornada de competición da liga Endesa tomará forma no Fontes do Sar o domingo 20 de abril ás 20.00 horas, co encontro entre o Rio Natura Monbus e o C.B. Valladolid. Este encontro non será televisado por ningun canle.
O prezo para o público xeral é de 35 euros en Tribuna Retráctil, 29 euros en Tribunas 1, 25 euros en Tribunas 2 e 19 euros en Fondos. O club ofrece prezos reducidos para abonados e accionistas. Tamén para mozos menores de 18 ou estudantes menores de 26, deportistas federados, parados de longa duración ou maiores de 65 anos. Para estes casos, o desconto deixará uns prezos de 25 euros en Tribunas 1, 19 euros en Tribunas 2 e15 euros Fondos. En todos eles necesitarase a documentación que acredite a promoción seleccionada.
Os pases pódense comprar durante as 24 horas do día mediante a páxina web do club (www.obradoirocab.com). Tamén de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas realizarse a súa venda nas oficinas da entidade, situadas no propio Multiusos, e de mércores a sábado en horario de 17.00 a 22.00 horas na “Miudiño Store”, tenda oficial do Rio Natura Monbus situada dentro do local de Blusens (Área Central).











