A unidade de doazón de sangue visitará Cangas esta fin semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O Concello de Cangas informa a todos os veciños e veciñas que esta fin de semana a unidade de doazón se sangue e o persoal sanitario do Centro de Transfusión de  Galicia desprazaranse ao municipio.

A unidade móbil situarase, coma xa ven sendo habitual, na Alameda Vella. O venres día 4 os interesados/as poderán acudir a realizar as súas doazóns entre as 16:00 e as 21:00 horas e o sábado día 5 entre as 10:00 e as 15:00 horas.

O goberno local anima a todos  os cangueses e canguesas que cumpran co  perfil de doante a que se acheguen á unidade móbil, xa que en Galicia fanse máis de 500 intervencións quirúrxicas diarias e aténdense preto de 3000 urxencias polo que é necesario dispoñer de reservas de sangue.  Dende o Centro de Transfusión de Galicia estiman que a cantidade de doazóns diarias necesarias para satisfacer a demanda é de 450 doazóns.

2 de abril de 2014 | 09:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.