A tenda de roupa Kaau’s foi elixida como a favorita de Caldas de Reis na campaña Máis que comercio!

Entrega de diploma á tenda de roupa Kaau’s
Os participantes na iniciativa Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de marzo nos establecementos asociados ao CCA de Caldas de Reis elixiron como o seu comercio favorito a tenda de roupa Kaau’s.
Este negocio, con unha década de traxectoria e que vén de ser remodelado, foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían ao seu comercio preferido. A participación nesta iniciativa no centro comercial aberto de Caldas foi a máis elevada dos cinco CCAs nos que se desenvolveu no mes de marzo, chegando a rexistrase un total de máis de 15.600 participacións.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que foi a encargada de entregar o diploma ao establecemento máis votado nun acto no que tamén se entregaron os agasallos aos clientes gañadores, salientou que ademais de poñer en valor o traballo dos centros comerciais abertos, Máis que comercio!, que percorrerá Galicia durante todo o ano, desenvolvéndose cada mes en cinco centros comerciais abertos, ten por obxectivo resaltar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade.











