A Selección de Vietnam disputará un amigable co Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Unha semana despois de que o Santiago Futsal recibise á Selección de Xapón nun amigable de preparación, os galegos reciben o vindeiro luns 14 de Abril á Selección de Vietnam, dirixida polo galego Bruno García, elixido pola Federación de Fútbol de Vietnam para o próximos tres anos e medio.

O partido amigable será ás 17,30h no Multiusos Fontes do Sar e será de portas abertas para que todo o público que o desexe poida presenciar o encontro. O combinado vietnamita atópase nunha mini xira por terras galegas para preparar o Campionato de Asia que se celebrará en Ho Chi Minh (Vietnam) do 30 de Abril ao 10 de Maio, polo que este amigable servirá a ambos os equipos para preparar os seus futuros compromisos. 

Ademais, a selección de Vietnam será recibida no Pazo de Raxoi pola corporación municipal o Luns 14 ás 12h.

9 de abril de 2014 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.