A Praza Maior de Ourense acollerá a 6ª edición da Feira Gastronómica dos Maios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Praza Maior acollerá desde mañá, día 1 de maio, a Feira Gastronómica, na que ata o domingo, día 4 de maio, se darán cita 20 postos gastronómicos, dos cales a metade son ourensás, e a outra metade da provincia, Galicia e outras cidades coma Santoña, Teruel, Alicante, Córdoba ou Madrid, e na que se poderán degustar e mercar productos coma embutidos, queixos, licores, mel, pan e empanada, crepes, conservas, etc.

A concelleira de Comercio, Juana Ageitos, presentou a 6ª edición da Feira Gastronómica dos Maios 2014, esta mañá no Salón de Plenos. A concelleira estivo acompañada de Ana Caamaño, organizadora da Feira, e Dora Gómez, representante da Asociación Ourensana contra o Cancro.

Entre as novidades desta edición destacan a instalación de novos postos vencellados á elaboración de cervexa tradicional, aceite e churros e parellamente ao desenvolvento da Feira celebrarase sorteos e catas de productos e animación infantil: pola compra nos stands da Feira entregarase un pase para desfrutar dos xogos infantís instalados na Avenida de Pontevedra.

Pincho solidario coa Asociación Española contra o Cancro

O domingo, día 4, ás 12.00h, haberá un pincho solidario a cargo do Restaurante Monterrey, gañador do premio ao público do Concurso de Primavera do Concello do ano pasado. O precio do pincho será de 2 euros e o recadado entregarase á Asociación Española contra o cancro.

Ao longo do domingo tamén poderanse mercar rosas de golosina no stand da organización cuxa recadación tamén se destinará á AECC.

A concelleira animou aos veciños e veciñas a achegarse ata a Praza Maior e á Avenida de Pontevedra, na que está instalada a Feira de Artesanía, e suliñou o compromiso da Concellería de Comercio por “seguir traballando para todos e todas as comerciantes de Ourense”.

30 de abril de 2014 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.