A plataforma de afectados de abusos bancarios de Vigo trasládase a Ourense para protestar

Protesta da plataforma de afectados por abusos bancarios
Despois de recibir a noticia de que Gallardón indultará a un banqueiro que debía cumprir máis de dous anos de cárcere por apropiarse de 30.000 euros dos seus clientes, entre moitos outros indultos que o mandatario axilizará nestas datas de Semana Santa, a plataforma escandalízase co tratamento da figura do indulto en España.
En Galicia pedíronse varios indultos para condenados pola loita obreira que non saíron adiante, a pesar da forte campaña de apoio cidadán e o traballo de moitos por demostrar a inocencia daqueles actos. Con todo, os indultos séguense concedendo sen freo a figuras que interesan moito máis que traballadores pais de familia.
Neste caso o grupo protestou hoxe fronte á dirección rexional de Ourense, algúns caracterizados como presos para simbolizar esta inxustiza, coreando consignas como “si o banco é o ladrón, te indulta Gallardón”.
A plataforma protesta pola falta de igualdade ante a lei dos cidadáns, e teme que salga adiante a lei de seguridade cidadá que acabaría co dereito supremo de rebelión tal e como o coñecemos.
A que ten medo o goberno para presionar máis que nunca cara ao autoritarismo? A protesta na rúa se criminaliza mediante constantes multas e denuncias, mentres que se indulta dun modo aberto e flagrante aos verdadeiros delincuentes.











