A Pastelería Martínez faise co premio do III Concurso de Escaparates de Primavera de Fene

Pastelería Martínez
O día 27 de abril durante a I Feira de segunda man e troco, tivo lugar no pavillón A Xunqueira de San Valentín a entrega de premios do III Concurso de Escaparates de Primavera 2014, organizado polo Concello de Fene.
Un xurado profesional e un xurado popular valoraron os 5 escaparates participantes (A Xoaniña, tenda de labores; Manlela, artesanía especial Bebé; Floristería Azalea, Pastelería Martínez, Salón de perruquería e beleza Yolanda Vizoso), resultando gañador en ambas modalidades a Pastelería Martínez.
Así mesmo realizouse o sorteo dos premios para os clientes que participaron no concurso.
No marco da I Feira de Segunda Man e Troco do pasado domingo tivo unha moi boa acollida e incluso se realizou un graffiti na fachada do propio pavillón de San Valentín por parte dos mozos Javier Caamaño Pérez (Siro) de Fene e Alvaro Patiño Vidal de Oleiros completando o mural iniciado na xornada reivindicativa Mar e Ferro do pasado mes de marzo.











