A partir do xoves 17 poderan visitarse o Museo de San Roque e o Museo Portamiñá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que mañá xoves 17 de abril abrirán as súas portas os museos de San Roque e o de Portamiñá, co que se completa a oferta museística e arqueolóxica da cidade.

Así o Centro Arqueolóxico de San Roque e a Sala de Exposicións Porta Miñá, que estaban sendo renovados para ofrecer unha mellor información aos visitantes e cidadáns de Lugo poderán visitarse en horario de xoves a sábado de 11.30 a 13.30 e de 17 a 19 horas. Os domingos ata o 31 de xullo poderán visitarse entre as 11.30 e as 13.30 horas.

16 de abril de 2014 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.