A parroquia mosense de Cela organiza o seu 2º Serán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A AAVV Celado de Cela organiza o “2º Serán de Cela”, que se levará a cabo no Centro Cultural da devandita parroquia o sábado 3 de maio, primeiro sábado do vindeiro mes, a partir das 21.30 horas.

O serán é unha excelente festividade para cantar, bailar, tocar e tamén debullar, amais de coñecer unha das festas máis ancestrais e arraigadas que se conservan na tradición galega.

Esta festa tradicional será completamente gratuíta, e estará aberta tanto ó publico coma ós músicos ou bailaríns que desexen participar co seu bo facer artístico. Ademais disto, haberá pinchos, chourizos e viño gratis para os asistentes.

23 de abril de 2014 | 15:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.