publicidade hoxe

A parroquia de Corzáns, en Salvaterra de Miño, comeza a quentar motores para a VIII Sementeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Coa celebración da Sementeira, o 10 e 11 de maio, representase do xeito o máis fiel posible a labor agrícola tradicional. Esta representación, conta coa particularidade que é a única que se celebra no contorno, xa que nas comarcas veciñas non se realiza.

Para elo, desde a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro faremos a representación da sementeira tradicional, incluindo o traballo con animais como axuda para as labores do campo.

A realización desta actividade contribúe á difusión da cultura tradicional galega, xa que ademais de mostrar o desenvolvemento dun traballo tradicional, que se facia en comunidade, entre familia e incluso veciños, incluimos na programación unha parte lúdica con música folk e música actual galega e tamén os bailes tradicionais.

A finalidade da Asociación Cultural Quinta do Piñeiro, é que a celebración dos Actos culturais da Sementeira se convirta, nun punto de encontro, para toda a mocidade e os maiores e así poder compartir e transmitir de uns a outros todo o referente desta mostra da cultura popular.

 Queremos que a xente mais moza e os nenos poidan  ver como facian as labores do campo os seus avos, tentando así amosar a esencia dos labregos da parroquia de Corzans, e fomentando a participación da veciñanza.

29 de abril de 2014 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.