publicidade hoxe

A Orquestra Panorama regresa ao Burgo para ofrecer o seu espectáculo “Space Tour”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredo
A-
A+

Culleredo acollerá o domingo, 6 de abril, o novo espectáculo musical da Orquestra Panorama. Será no recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo desde as 21.00 horas.

O concerto se programa tras os problemas técnicos que obrigaron á orquestra a acurtar a súa actuación do pasado venres 14 de marzo, no mesmo lugar. Un fallo no escenario demorou a actuación, á que esperaban miles de persoas. Os responsables de Panorama comprometéronse entón a buscar unha nova data para O Burgo, cumprindo a súa promesa en só tres semanas. O Concello de Culleredo montará un dispositivo especial de seguridade con motivo do concerto para asistir a calquera necesidade que se presente.

Space Tour

Para esta tempada Panorama deu un paso mais ao incorporar ao elenco xa formado como sempre polos incombustibles Lito e Jorge un grupo de cantantes, bailaríns, performances e acróbatas que tentasen realizar un espectáculo á altura dos públicos máis esixentes sen esquecer a música de baile e a diversión que é primordial para Panorama en calquera evento no que participe.

A nivel técnico incorporáronse este ano novas tecnoloxías ao show que sen ningunha dúbida sorprenderán ao público asistente ás actuacións.

4 de abril de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.