A “música lixeira” de Manquiña e Tony Lomba leva os ritmos setenteiros a Vilagarcía
“Música Ligeira” é un divertido musical no que se reviven a musica, estética e a sociedade da década dos setenta cun argumento que relatan os éxitos e fracasos dos personaxes que interpretan o actor e humorista, Manuel manquiña e o cantante e showman, Tony Lomba. O espectáculo porase en escena o domingo, 4 de maio, a partir das 20:00 horas o Salón García e as entradas xa se poden adquirir a través da web www.servinova.com e do teléfono 902 504 500 ao prezo de 8 euros. Tamén se porán á venta o día da función na propia Casa da Culturab a partir das 18:30 horas.
O Salón García segue a gañar espazo na axenda cultural de Vilagarcía. Neste caso cun divertido espectáculo musical de pequeno formato interpretado pola estraña parella composta por Manquiña e Lomba. Estes dous peculiares artistas únense nun espectáculo musical para (re)inventar o underground elegante e invitarnos a viaxar á España dos setenta, un país namorado das suecas, de Benidorm e da música melódica.
A banda sonora de “Música Ligera” está composta por cancións que xa son eternas e que marcaron a toda unha xeración. De Sam Cooke a Nino Bravo e de Las Vegas a Benidorm. Pero este é tamén un musical con argumento e personaxes. Unha historia de éxitos e fracasos que se narra co estilo iconoclasta e salvaxe de Manuel Manquiña.
Tony Lomba é o crooner máis xenuíno e persoal que teña pisado un escenario en Galicia. Manuel Manquiña é un cómico punk, un conservador furioso incapaz de non converter unha verdade nunha barbaridade.
Agora están xuntos e queren contarnos as súas vidas nun espectáculo para amantes da música aos que non lles dea medo a verdade. “Música Ligera” é un cocktail de enxeño, mestría, loucura e arte sen cortapisas. Un espectáculo que pretende facer gozar ao público.











