A mítica banda pop-rock “Los Secretos” actuarán este sábado no teatro Jofre de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O primeiro gran concerto do ciclo “Son (S) do Jofre” da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol e do que é protagonista a mítica banda de “Los Secretos”  encherá de novo o teatro municipal o vindeiro sábado, día 5 de abril. Dende practicamente mediados de marzo non quedan entradas dispoñibles para asistir ao regreso de “Los Secretos” a Ferrol, nun concerto que comezará ás 20.30 horas.

A banda de pop – rock repasará no Jofre os seus éxitos de sempre, así como as novas obras do seu último disco e con arranxos especialmente ensaiados para este formato de concertos en directo en teatros. O vindeiro sábado estará no Teatro Jofre de Ferrol a formación ao completo; e por primeira vez introducirán novos instrumentos nunca antes utilizados nos seus concertos, como un caixón flamenco, un baixo acústico, un piano clásico e guitarras acústicas de seis e doce cordas.

2 de abril de 2014 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.