A Martín Códax Rías Baixas confirma as súas datas e portos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O Real Club Náutico de Vigo está inmerso na organización da 51ª Martín Códax Rías Baixas. Nesta nova edición a regata máis lonxeva da vela galega disputarase entre o 13 e o 16 de agosto con Vigo, Sanxenxo, A Pobra do Caramiñal e Combarro como portos de parada.
 
Sabemos que superar o éxito da 50ª Martín Códax Rías Baixas será difícil porque foi unha das mellores edicións até o momento, pero traballaremos ao cento por cento para logralo. Estamos plenamente convencidos de que todos os involucrados –regatistas, patróns e armadores, técnicos, clubs…- quedarán encantados con esta nova edición da regata” afirmaba Viviana García, Presidenta do Real Club Náutico de Vigo.
 
Un ano máis desde Martín Códax sentimos orgullosos de poder unir o noso nome ao dunha das regatas máis emblemáticas e importantes a nivel nacional. Unha regata, máis que consolidada e avalada que despois de máis de 50 anos de traxectoria segue mantendo o máis alto nivel posible; merecedora dun nomeamento como ‘a mellor regata cruceiro’ que  fai que sintamos máis satisfeitos, si cabe, de seguir xuntos con este proxecto” afirmaba Juan Vázquez Gancedo, director das adegas e quen continuaba explicando: “A unión de Martín Códax con esta regata non é casual. Sentimos moi vinculados con este evento que xa forma parte da cultura das Rías Baixas. Unha cultura da que tamén formamos parte, que nos dá identidade e diferéncianos.  Unha cultura que xuntos impulsamos e que se dá a coñecer aos centos de regatistas e aos miles de persoas que se achegan ás Rías Baixas para gozar desta competición”.
 
O Real Club Náutico de Vigo, punto de saída

O 13 de agosto ás 13:30 horas a flota da Martín Códax Rías Baixas escoitará o bocinazo de saída á primeira etapa que unirá ao Real Club Náutico de Vigo co porto de Sanxenxo. Por diante, a flota enfrontarase a máis de 21 millas de percorrido nos que os faros de Subrido, Camouco, Picamillo e Morrazán serán puntos de paso obrigado antes de entrar en porto. Os barcos máis pequenos completarán nesta ocasión máis de 16 millas entre as rías de Vigo e Pontevedra onde Cabalo de Aldán será o punto de referencia.
 
Un día despois, o 14 de agosto, a flota disputará a segunda etapa da Martín Códax Rías Baixas entre o Real Club Náutico de Sanxenxo e o porto da Pobra do Caramiñal. Por diante, máis de 25 millas -18 no caso dos barcos máis pequenos- nos que as flotas compartirán gran parte do percorrido.
 
Tras saír de Sanxenxo ás 13:30 horas, e até a entrada na ría de Arousa, a flota terá que superar os faros de Camouco, Esqueiros e Mezos. A partir dese momento os grupos ORC 3, 4 e Open porán rumbo cara a Faro Ostreira antes de cruzar a liña de chegada mentres que os ORC 1 e 2 dirixiranse cara á Illa de Arousa para, a continuación, pasar polas balizas Aurora e Moscardiño antes de chegar a porto.
 
A Pobra do Caramiñal – Combarro, etapa reina da 51ª Martín Códax Rías Baixas

No ecuador da Martín Códax Rías Baixas, o 15 de agosto, comezará a etapa reina da Martín Códax Rías Baixas. A máis dura, a máis longa e a que marca o inicio da “volta a casa”, ao Real Club Náutico de Vigo. A flota sairá da Pobra do Caramiñal ás 13:00 horas e a partir de aí espéralles un percorrido de case 30 millas -22 no caso do percorrido curto- nos que a flota abandonará a ría de Arousa para meterse de cheo na de Pontevedra.
 
Mentres os barcos de menor eslora porán rumbo directo a Esqueiros e Mezos, antes os  ORC 1 e 2 terán que superar a baliza O Seijo, enfilar a Illa de Arousa antes de dirixirse cara ao faro e, a partir de aí, ir cara a Camouco e Mourisca. O faro de Morrazán será o punto de encontro de ambos os grupos antes de chegar ao Porto Deportivo de Combarro.
 
A última xornada de competición da Martín Códax Rías Baixas disputarase o sábado día 16 de agosto e nesta ocasión unirá Combarro co Real Club Náutico de Vigo. A intención do Comité de Regatas é dar o bocinazo de saída desta última etapa a partir das 12:30 horas. A flota abandonará Combarro para, tras pasar por Morrazán –e Picamillo no caso dos ORC 1 e 2- enfilar a chegada.
 
A flota de da 51ª Martín Códax Rías Baixas enfrontarase a catro días de competición e 100 millas de percorrido -75 no caso dos barcos de menor eslora- polos portos máis emblemáticos das Rías Baixas: Vigo, Sanxenxo, A Pobra do Caramiñal e Combarro.

11 de abril de 2014 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.