A Guarda evita o vertido de 6.283 litros de aceite doméstico coa instalación de colectores de recollida
O Concello da Guarda reciclou 11.113 litros de aceite doméstico dende finais do ano 2009, dos cales 4.830 foron recollidos no Punto Limpo, grazas a colaboración dos veciños da Guarda co servizo de recollida selectiva.
Durante o ano 2012 recolléronse nos contenedores de color laranxa un total de 1.170 litros, e durante o ano 2013 esta cifra aumentó preto dun 90%, ata a cantidade 2.145 litros.
Na actualidade hai 8 contenedores laranxas, distribuidos por diferentes puntos da cidade. Aos antigos contenedores situados na carretera Camposancos, Camino da Cruz, Manuel Álvarez e rúa San Bernardo, sumáronse o 25 de marzo outros 4, que foron instalados na rúa do Porto, na Praza do Castro, na Praza de Buxán e na Praza dos Seixiños. Ademais, tal e como se ven facendo, tamén hai recollida deste tipo de residuos no Punto Limpo.
Os contenedores de recollida de aceite doméstico contan cun dispositivo que permite depositar as botellas co produto sin que o líquido se derrame.
SIGOLEO, a empresa xestora da recollida, agradece a implicación dos guardeses nun programa esencialmente importante co medio ambiente e coas propias instalación de saneamento.











