A Garda Civil solicita o apoio dos veciños de Touro para combater os roubos no rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosTouro
A-
A+

O cabo Víctor da Garda Civil, integrante do Grupo Roca con base en Santiago de Compsotela, impartiu esta mañá aos veciños de Touro unha charla para saber como actuar ante situacións de roubos nas propiedades do rural. O experto, que integra o Grupo Roca que ten a súa base na capital de Galicia e que conta con tres axentes adscritos, pediu a colaboración dos veciños para combater os roubos. A charla celebrouse na sala de usos múltiples do Concello de Touro e acudiu o tenente alcalde, Eugenio Montero.

O Grupo Roca pretende reforzar a vixilancia nas explotacións agrícolas e gandeiras e nas propiedades do Concello de Touro e demais concellos da zona. Os axentes que forman parte deste grupo especializado consideran fundamental que os veciños anoten a marca, modelo e número de serie da maquinaria agrícola para que, no caso de ser roubada, poida ser localizada. O axente que hoxe impartiu a charla en Touro animou aos veciños de Touro tanto a denunciar cando sufran un roubo como a avisar á Garda Civil sempre que vexan merodeando pola zona acodes ou vehículos sospeitosos.

9 de abril de 2014 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.