A Garda Civil detén por un suposto delito de tráfico de drogas a unha veciña de Redondela
A Garda Civil detivo a M.F.F., de 30 anos de idade e veciña de Redondela como suposta autora dun delito contra a saúde pública ao serlle intervidas varias “landras” de haxix.
Os feitos sucederon na tarde de onte cando a Garda Civil, que realizaba un control preventivo de Seguridade Cidadá nas inmediacións do Centro Penal da Lama, localizou no interior do vehículo marca OPEL, modelo CORSA, conducido por esta persoa, dez “landras” de haxix, que se atopaban no interior dun bolso e envoltas por separado.
Na localización da droga, que levaba escondida no maleteiro do vehículo, participou un can do Servizo Cinolóxico da Garda Civil.
Por todo iso procedeuse á súa detención e á condución ás dependencias oficiais do Posto da Garda Civil de Pontecaldelas, onde se procedeu á instrución das correspondentes dilixencias.
A detida, que carece de antecedentes policiais, será posta a disposición do Xulgado de Instrución número TRES de Pontevedra











