A Fundación do Moble da Estrada adhírese ao proxecto Smart Destinations

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+

A Fundación de Exposicións e congresos da Estrada, vén de adherirse ao Proxecto SMART DESTINATIONS, consistente nunha plataforma tecnolóxica bidireccional, impulsada pola Deputación Provincial de Pontevedra. Esta plataforma, é unha ferramenta máis das novas tecnoloxías da información que permitirá á Fundación do Moble contar cunha difusión e maior divulgación das súas actividades de promoción económica, tanto a nivel nacional como internacional. O acceso libre a esta plataforma por parte dos usuarios, constituirá unha lombeirada publicitaria para a Fundación do Moble e para internacionalizar a nivel publicitario todos os seus eventos.

Participar desta iniciativa, supón apostar por que cada un dos certames da Fundación , conten cunha nova dimensión e repercusión a nivel social.

Noutra orde de cousas, na noite do pasado mércores, Mercedes Cuiña, Directora Xerente do recinto feiral estradense, mantiña unha reunión de traballo cos muebleros locais implicados directamente na feira do moble, a fin de axuntar criterios e deseñar as liñas de actuación para  a próxima XXVIII Feira do Moble de Galicia, a celebrar na Estrada do 20 ao 28 de setembro.En devandita reunión estiveron presentes as firmas locais :Ambientes, Artesania Ferradáns,Artest, Decoideas ,Mobles Garcia Lorenzo,Mobles Pouse Mato,Mobles  Curral e Couto, Mobles O Tsar,Mobles Val do Vexa  e San Paio Cociña e  Baño 

11 de abril de 2014 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.