A Fundación de Deportes abre o prazo de recepción de ofertas para explotar a cafetería de Fontecarmoa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia de hoxe publica o segundo dos anuncios do concurso para adxudicar a xestión e explotación da cafetería do pavillón de Fontecarmoa, polo que mañá, 16 de abril, ábrese o prazo para que os interesados en optar á concesión presenten as súas ofertas. Segundo as bases aprobadas pola Fundación Municipal de Deportes, o canon mínimo a abonar polo concesionario será de 300 euros máis IVA ao mes, e o con trato terá unha duración de 2 anos prorrogables outros 2. O prazo de presentación de ofertas será de 15 días hábiles a contar a partir de mañá.

A Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais de Vilagarcía saca a concurso a concesión do bar-cafetería do pavillón de deportes de Fontecarmoa despois da xubilación da anterior concesionaria qu e deixou sen este servizo ás instalacións do complexo deportivo.

Segundo se establece nas bases aprobadas polo Consello Reitor do organmismo que preside Elena Suárez, establécese ao concesionario un canon mínimo mensual de 300 euros máis IVA, cantidade que pode ser obxecto de mellora á alza por parte das persoas físicas ou xurídicas que concorran á convocatoria. O concesionario terá que dotar ao local dos equipamentos precisos para prestar o servizo de cafetería (neveiras, cafeteira, vaixela, cubertería, mesas, cadeiras…), terá a obriga de manter os locais en perfecto estado e manter o bar aberto en horario coincidente co das instalacións deportivas municipais.

As bases e requisitos da convocatoria pódense consultar na Fundación de Deportes (sita no recinto de Fexdega) ou a través do perfil do contratante da web www.vilagarcia.es. As ofertas poderán presnetarse na sede da Fundación ou no rexistro de licitación do Concello no prazo establecido.

15 de abril de 2014 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.