publicidade hoxe

A Festa do Requeixo e do Mel das Neves preséntase cun showcooking a cargo do chef Rafael Centeno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NevesCalendarioLocal Portada
A-
A+
Nava Castro durante o 'showcooking'

Nava Castro durante o ‘showcooking’

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, asistiu esta tarde no Centro de Formación Profesional EFA A Cancela das Neves ao showcooking ofrecido polo cociñeiro do restaurante Maruja Limón, Rafael Centeno. O chef, que posúe unha Estrella Michelin, elaborou receitas co requeixo e o mel das Neves como protagonistas con motivo da presentación da XXIII Edición desta festa de exaltación gastronómica que conseguiu en maio de 2013 a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Nesta primeira edición tras a declaración, organizouse esta exhibición culinaria que estivo precedida por outros eventos como degustacións e catas de Mel de Galicia, exposicións fotográficas e concertos.

O chef Rafael Centeno rexenta o restaurante Maruja Limón en Vigo e realizou para esta xornada de cociña-demostración pratos protagonizados polo requeixo e o mel das Neves, uns produtos dos que se distribuirán este venres máis de 1.500 kg. A mostra amosará aos visitantes a produción desta sobremesa nunha xornada de degustación.

Os primeiros testemuños escritos no século XII referentes ao Camiño de peregrinación entre Portugal e A Franqueira, denominado Camiño da Raíña, hoxe chamado Sendeiro dos Frades xa facían referencia ao requeixo das Neves, que os veciños da zona agasallaban aos peregrinos cando estes paraban no camiño. Co tempo o produto foise comercializando, primeiro como moeda de cambio e despois trocándoo por unha retribución económica. Antigamente, o requeixo vendíase en anacos de 85 gramos e envoltos en follas de col, despois en panos de liño ou papel de prata. A festa pretende recuperar esta tradición de gran arraigo.

Nesta edición o pregoeiro será o actor Xosé A. Touriñán  e están programadas degustacións, obradoiros infantís e actuacións musicais e teatrais.

15 de abril de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.