A Domus celebra un taller para profesores co proxecto europeo ‘GoLab: ciencia e tecnoloxía na escola’
O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa o taller para profesores que a Domus ofrece dentro do proxecto europeo GoLab: ciencia e tecnoloxía na escola
O taller, que levará a cabo o próximo 24 de abril ás 17.00 horas, será totalmente práctico e nel os asistentes poderán experimentar, valorar e adaptar ILS (inquiry Learning at School) xa existentes, que consisten en actividades didácticas científicas seguindo un enfoque de aprendizaxe por indagación utilizando laboratorios remotos.
Os interesados en participar deben solicitar información no correo electrónico patricia@casaciencias.org ou chamando ao teléfono 981 189 840. A participación no taller é gratuíta e as prazas son limitadas.
Proxecto GoLab
O Global Online Sciencie Labs for Inquiry Learning at School (Laboratorios Globais Online de Ciencias para a Aprendizaxe baseada na Indagación na Escola, fomenta o uso educativo de laboratorios remotos e online en escolas e colexios a gran escala (máis de 1.000 centros educativos en Europa)
Así, o portal Go-Lab ofrece acceso a un conxunto de laboratorios online que pertencen a centros de investigación como, por exemplo, a Axencia Espacial Europea (ESA, Holanda); o Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN, Suíza); ou o Núcleo Interactivo de Astronomía (NUCLIO, Portugal); así como universidades e outras institucións.











