A Domus abre o prazo para inscribirse nos talleres de arte prehistórica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa da apertura, o luns 28 de abril, do prazo de inscrición para os talleres sobre arte prehistórica que organiza a Domus.

Dirixido a familias con nenos maiores de 8 anos, os participantes poderán aprender a pintar como os antigos habitantes de Atapuerca, coñecer os materiais que empregaban, utilizar as súas pinturas, as súas técnicas e coñecer cales eran os seus temas favoritos. Durante o desenvolvemento do taller poderán utilizar un aerógrafo, fabricar os seus propios pinceis, elaborar pigmentos e dar renda solta á creatividade sobre diferentes tipos de soportes.

Para participar hai que inscribirse enviando un correo electrónico a domus@casaciencias.org, a partir do luns 28 de abril ás 9.00 horas, indicando nome do adulto e dos nenos, idades dos nenos, e un correo electrónico de contacto. Poden participar dous nenos (maiores de 8 anos) por cada adulto. A actividade é gratuíta, debendo abonar unicamente a entrada correspondente ao museo. Os talleres celebraranse o 3, 4, 11, 17 e 25 de maio, e o 7, 8, 14 e 15 de xuño, en horario de 17.00 a 18.30 horas. Trátase dunha acción financiada pola Deputación da Coruña.

26 de abril de 2014 | 20:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.