A Deputación da Coruña organiza unhas xornadas para detectar as necesidades de emprego na provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
O Pazo de Mariñán acolle unhas xornadas de traballo dirixidas a AEDLS (axentes de emprego e desenrolo local) e técnicos de emprego dos concellos da provincia organizadas pola Deputación para detectar as demandas de emprego que hai na provincia.
 

Estes encontros, que comenzaron onte, luns día 7, contan coa participación de máis de oitenta persoas procedentes dos concellos de menos de 20.000 habitantes, cos que a institución provincial traballa máis intensamente en todo o relacionado coa promoción e o fomento do emprego. 

Ademais dos técnicos e orientadores municipais de emprego, asisten a estas mesas de traballo representantes dos clúster máis representativos da provincia, co fin de localizar cales son os sectores con maiores necesidades formativas na Coruña e, a partir de aí, organizar obradoiros de emprego ou xornadas de motivación aos emprendedores.

8 de abril de 2014 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.