A Deputación da Coruña investirá 75.000 euros na reparación de estradas do Concello de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaTouro
A-
A+
A Deputación da Coruña investirá nos próximos meses 75.000 euros para a reparación de estradas no municipio de Touro. A achega forma parte dun convenio asinado co Concello polo que se repararán os camiños entre Casanova e Vilapedre, en Loxo.

A través deste acordo a Deputación achegará ao Concello 74.636,71 euros, o que supón o 80% do orzamento total necesario, que ascende a 93.295,89 euros, para reparar a capa de rodadura e as fochancas e abrir e limpar as cunetas.

En concreto, intervirase nos camiños de Casa Nova a Vilaperre (Loxo); de Bustelo a Igrexa de Fao; de Campo Xondo a Penelas (Novefontes); en Santirso, Interior, Cillobre e Cornado; ademais de en Circes e O Río-Piollosa; e de Beseño de Arriba a Beseño de Abaixo-Forte.

Durante a firma do convenio, o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, agradeceu a contribución municipal para unhas reformas “moi necesarias tras os intensos temporais deste inverno”. 

Diego Calvo, pola súa parte, salientou que grazas a estas pequenas obras no municipio incrementarase a seguridade viaria para os veciños do entorno. 

3 de abril de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.