A Delegación en Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia defende o mantemento do partido xudicial de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Delegación en Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) defende o mantemento do partido xudicial de Santiago de Compostela, cuxa continuidade está en dúbida polo establecido no anteproxecto de Lei de Demarcación e de Planta Xudicial, que propugna o mantemento dun partido xudicial por capital de provincia. A Delegación compostelá do ICOIIG mostra o seu total apoio á fronte común liderado polo Concello de Santiago e os colexios de Avogados e Procuradores de Santiago para solicitar o mantemento do partido xudicial de Santiago de Compostela.

Os enxeñeiros industriais de Santiago consideran que a capital de Galicia e unha contorna urbana que suma máis de 140.000 habitantes (Ames, Boqueixón, Santiago de Compostela, Teo e Vedra) necesitan que se manteñan as infraestruturas xudiciais actuais. Ademais, a desaparición do partido xudicial de Santiago suporía importantes prexuízos para os enxeñeiros industriais que se encargan de peritaciones xudiciais, xa que algúns trámites que están a realizar actualmente os nosos colexiados en Santiago poderían realizarse na Coruña. Este traslado é dificilmente xustificable, resulta inoperativo e suporía un gasto maior tanto para os litigantes como para o propio sistema xudicial, cando o perito é solicitado polo xuíz.

Por todo iso, a Delegación en Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia anuncia que apoiará a estratexia común e única que decida o Concello de Santiago, de común acordo cos colexios profesionais e as entidades socioeconómicas do municipio, en apoio ao mantemento do partido xudicial de Compostela.

14 de abril de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.