A D.O. Ribeiro recibe a unha comitiva de prescriptores finlandeses

Visita dos prescriptores finlandeses
O C.R.D.O. Ribeiro recibiu recentemente a un grupo de prescriptores especializados no mundo do viño chegados de Helsinqui (Finlandia) da man do ICEX nun tour por Galicia e Castela León interesados en coñecer de primeira man os viños e a D.O. Ribeiro en xeral.
O grupo, formado por sete persoas dedicadas ao xornalismo, formación e sumillería, visitou as adegas Viña Costeira, Viña Mein, Casal de Armán e Cuñas Davia nunha xornada moi intensa e produtiva. Así mesmo, na sede do Consello Regulador tiveron a oportunidade de facer unha cata representativa da D.O. da man do director técnico, Pablo Vidal, onde probaron un total de 27 viños diferentes.
As impresións foron moi positivas por ambas as partes. Os viños recibiron unhas valoracións moi altas, pero o máis importante da visita é que puideron valorar de primeira man a realidade desta emblemática denominación de orixe, pouco coñecida até agora en Finlandia. Puideron observar os vestixios da longa historia do Ribeiro, a paisaxe e as condicións agroclimáticas asociadas, os chans e viñedos, as xentes e a cultura que xeran os grandes viños do Ribeiro.
Os visitantes, acompañados en todo momento por un equipo do ICEX, estaba formado por:
– Mr.Antti Uusitalo: sommelier, xornalista especializado, publicou cinco libros sobre viños e espirituosos, un deles sobre Tapas e Sherry.
– Mr. Arne Pajula: químico, xornalista de viño, formador. www.vine.ee
– Mr. Arto Soskelo: escritor sobre viño, galardoado como comunicador do ano 2013 pola International Wine and Spirits Competition. http://viinipiru.fi, www.koskeloonwine.com
– Mr. Heikki Remes: escritor sobre viño, con catro libros e máis de 350 artigos en prensa. www.viinimies.com
– Ms. Marja Leena Arponen: escritora sobre viño en prensa e revistas en Finlandia como Keskisuomalainen, Karjalainen, Uusi Suiomi and IItalehti.
– Mr. Miko Niemi: Importador, propietario dunha comercializadora de viños e alimentación. Xefe de mercadotecnia para tours enoturísticos en España. www.aromipaja.fi www.uniquetour.fi
– Ms. Sari Siren: escritora e xornalista de viño, formadora. www.winestudio.fi











