A Coral O Son dos Cantares celebra o seu aniversario coa VII edición do seu tradicional concerto
A Coral Polifónica O Son dos Cantares de Tameiga celebra o seu “VII Concerto O Son dos Cantares” o vindeiro domingo 27 de abril ás 17.00 horas no Multiusos de Mos, sito nas Pozas (parroquia de Petelos).
Amais da súa propia actuación, tamén participarán o Orfeón Herculino (A Coruña), Coral Polifónica de Foz (Lugo), Coral Rondalla Alecrín (Ourense) e Orfeao Recardaes (Águeda- Portugal).
O concerto, con entrada totalmente libre e gratuíta para tódolos asistentes, coincide tamén co décimo aniversario da coral mosense O Son dos Cantares.











