A Confederación Empresarial de Ourense aposta polo emprendemento con Startup Pirates

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Confederación Empresarial de Ourense aposta polo emprendemento e impulsa ao máximo accións neste ámbito, coa súa participación nesta ocasión e como socios únicos da organización e edición do programa formativo internacional Startup Pirates en Ourense, que terá lugar dende o sábado 3 ata o sábado 10 de Maio, nunhas xornadas intensivas e aceleradoras de aprendizaxe para o desenvolvemento dunha idea de negocio.

Startup Pirates é un programa internacional dirixido ao desenvolvemento de ideas de negocio dunha semana de duración, que en Galicia está co-organizado por Patricia Díaz e María Regueira, da Consultora de Innovación Social Contextos (www.contextos.eu) e a artista italiana e deseñadora multimedia Monica Mura (www.monicamura.com).

Ainda que aberto a todos os perfís emprendedores, a organización galega pon o foco no emprendemento social para fomentar a xeración de ideas que solucionen retos sociais con modelos de negocio sostibles e innovadores.

4 de abril de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.