A Concellería de Voluntariado ourensá oferta seis actividades formativas e participativas de maio a xuño
A concelleira de Voluntariado, Mónica Vázquez, presentou esta maña no Salón de Plenos, acompañada do coordinador das actividades, Miguel Veiras, a programación de cursos que a Concellería de Voluntariado ofrece para os meses de maio e xuño. Entre os cursos ofertados, atópanse seis propostas gratuítas: iniciación ao voluntariado, iniciación aos primeiros auxilios, manipulación de alimentos, introdución ao coaching, roteiro ambiental polo contorno dos ríos Miño e Lonia, e cooperación internacional: estratexias de loita contra a pobreza.
O único requisito para participar no curso básico de voluntariado consiste en estar inscrito como voluntario na oficina municipal. Para os restantes cursos, é preciso ter realizar o curso de iniciación, ou acreditar ter recibido formación básica de voluntariado. Cada curso oferta 22 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, excepto no curso de manipulador de alimentos, que se ofertan 25 (sumando un total de 135 prazas).
Os cursos celebraranse nos locais da Casa da Maxia, na Praza da Ferrería, excepto o roteiro ambiental que terá lugar nas beiras dos ríos Miño e Loña. Todas as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na Concellería de Voluntariado, a través da páxina web www.ourensevoluntario.org, ou www.ourense.es, ou na Oficina de Atención Cidadá.
-O Curso de iniciación ao voluntariado terá unha duración de 6 horas, e terá lugar o 7 e 8 de maio entre as 18 e as 21 h. A data límite de inscrición é o 5 de maio.
-O Curso de iniciación aos primeiros auxilios durará 12 horas, a celebrar os días 13, 14 e 15 de maio entre as 18 e as 21 h. A data límite de inscrición será o 9 de maio.
-O Curso de manipulación de alimentos celebrarase o 20 de maio, cunha duración de catro horas, entre as 17 e as 21 h, e a data límite de inscrición será o 16 de maio.
-A Introdución ao Coaching terá lugar os días 27, 28 e 29 de maio, entre as 17 e as 21 h. A duración total deste curso será de 12 horas e a data límite de inscrición será o 23 de maio.
-O roteiro ambiental polos ríos Miño e Lonia, celebrarase o Día do Medioambiente, o 5 de xuño entre as 10 e as 14 h. Haberá un xogo intructorio, unha charla sobre a conservación dos bosques, e unha visita interpretativa. A data límite de inscrición é o 2 de xuño.
-O curso de cooperación internacional: estratexias de loita contra a pobreza, durará nove horas, os días 9, 10, 11 e 12 de xuño en horario de 18 a 20:30 h. A data límite de inscrición é o 6 de xuño.
346 persoas voluntarias
A concelleira Mónica Vázquez salientou o traballo que durante todo o ano desenvolven os voluntarios o voluntarias da oficina. Así, un total de 346 persoas voluntarias (236 mulleres e 110 homes), colaboran habitualmente en activididades como comedor social de Cáritas, Asociación de Senegaleses, Operación Quilo, persoas en risco de exclusión, e actividades municipais das concellerías de Saúde (Feira da Saúde), Deportes (Correndo por Ourense), Educación (Camiño Escolar) ou Benestar Social.











