A cidade de Bos Aires nomea a Rafael Louzán hóspede de honra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPontevedra
A-
A+
Nomeamento de Rafael Louzán como hóspede de honra

Nomeamento de Rafael Louzán como hóspede de honra

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, foi nomeado hóspede de honra de Bos Aires nun acto que tivo lugar no Salón Eva Perón do Pazo lexislativo. Rafael Louzán agradeceu esta mención, coa que a lexislatura porteña distingue os visitantes estranxeiros destacados no ámbito da cultura, as ciencias, a política, a economía ou o deporte, entre outros.

O deputado Daniel Presti entregoulle a medalla e o diploma, e o titular da Deputación de Pontevedra amosou o seu agradecemento por esta distinción, “que non é miña senón de todos os presentes e da colectividade española”.

Agradeceu a Bos Aires e a toda Arxentina “terlles dado ós habitantes de Galicia un lugar para vivir” e ofreceu toda a súa colaboración “para levar a cabo proxectos conxuntos” que beneficien tanto á comunidade galega como á propia cidade de Bos Aires.

Na mesma liña incidiu o representante da Cidade Autónoma de Bos Aires, Daniel Lipovetzky, que, tras destacar a “gran traxectoria política” de Louzán e o seu “interese nos vínculos con Arxentina”, remarcou a necesidade de fortalecer as relacións entre as dúas cidades debido á gran colectividade de españois que se atopan vivindo neste país.

Incidiu en que “a declaración que distingue a Louzán Abal foi apoiada por todos os bloques do Corpo lexislativo da cidade, o que demostra que non importa a pertenza política senón o traballo que se fai conxuntamente”.

18 de abril de 2014 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.