A Casa da Cultura de Lousame acolle unha sesión especial de contacontos
A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá venres 4 de abril, ás 18:00 horas, unha sesión especial de contacontos dirixida a rapaces e rapazas maiores de 4 anos. Trátase dunha iniciativa organizada pola Concellería de Cultura e Xuventude do Concello de Lousame para conmemorar a celebración esta semana do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. A asistencia é totalmente libre e de balde.











