A BTTinto espera superar os 2.000 participantes na III edición que se celebrará en Ribadumia
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, presentou esta mañá en rolda de prensa a III edición da BTTinto que terá lugar no concello de Ribadumia durante a xornada do domingo 8 de xuño coincidindo coa XLII Festa do Viño Tinto. No acto estivo presente a alcaldesa Salomé Pena Muñiz e o padriño da proba e ciclista gañador da Volta España do 86, Álvaro Pino.
A presente edición será unha ruta libre, non federada e de inscrición gratuíta coa que se espera superar as expectativas do ano pasado e congregar a máis de 2.000 persoas chegadas de toda Galicia, animando a expertos e afeccionados a participar nesta cita deportiva que cada ano conta con máis seguidores e que converteuse na terceira ruta máis importante de España por número de participantes e a primeira de Galicia.
Rutas programadas
As rutas programadas contan cun nivel medio-alto, algo que sen dúbida suporá un reto para os que xa contan con certo nivel no dominio da bicicleta, pero que non intimidará aos usuarios ocasionais que se animan na práctica deste deporte. Se porán en marcha tres modalidades nas que os interesados poderán inscribirse a través da web do concello de Ribadumia:
A BTT, que constará de 46 quilómetros e ofrecerá durante o seu percorrido varias posibilidades para diminuír a súa distancia e a dificultade física e técnica para os que así o desexen poidan facer unha subida máis corta de 33 quilómetros. Doutra banda, unha ruta combinada duatlón de montaña, que se caracteriza por ser unha ruta corta de 33 quilómetros de BTT e 20 de carreira que transcorrerá polo mesmo trazado que a ruta de sendeirismo. Para levala a cabo os participantes deberán chegar á liña de meta e facer a transición da zona reservada para logo desenvolver a carreira a pe.
A última proposta é unha ruta de sendeirismo de 20 quilómetros que transcorrerá polos camiños de Barrantes seguindo a senda ata chegar ao Monasterio da Armenteira e posterior regreso, algo que converte a cita en algo máis que un evento deportivo, xa que os participantes poderán disfrutar das maravillas dos paraxes de Arousa e Pontevedra, percorrendo puntos destacables do seu patrimonio etnográfico, arredor de Ribadumia, Meis ou Meaño.
Entre outras novidades no trazado que non decepcionarán aos deportistas que concorran o evento, a presente edición contará cun padriño de gran nivel deportivo: o ciclista campión da Volta España de 1986, Álvaro Pino. O deportista, oitavo no tour de Francia do 86 e 88, será o padriño que acompañará na ruta aos cada vez máis numerosos participantes.
Non faltarán os “trofeos non competitivos” que servirán como recoñecemento do esforzo de todos os asistentes e cos que se pretende dinamizar o ambiente durante a xornada festiva programada.
Un ano máis, Deputación de Pontevedra e Concello de Ribadumia en colaboración cos clubes CC Armenteira e Punto, Salnés Bici e CDM Xesteiras, quere seguir apostando por eventos como este, para conseguir que a BTTinto se converta nunha competición deportiva de obrigada cita formando parte do calendario nacional.











