A brigada de operarios de Cerdedo acomete a ampliación dun viario en Figueroa
A brigada de operarios municipal atópase realizando unha importante e demandada obra no lugar de Figueroa. Esta obra consiste na ampliación dun pequeno viario que dá acceso a vivendas e garaxes pero que tal e como está na actualidade imposibilita o paso de vehículos grandes, furgonetas e camións. Por tal motivo e tras as conversacións mantidas polo alcalde cos propietarios chegouse a un acordo para unha pequena cesión de terreo que implicará o poder ensanchar esa vía. Tratábase dunha viejísima demanda dos veciños do lugar que se cumpre grazas á colaboración deste veciño ao cal quere agradecer publicamente o rexedor local .Esta obra que executan os operarios municipais iníciase coa construción dun importante muro de contención debido á pendente do viario.











