A brigada de obras de Marín habilita novas bocas de rega
Con motivo dos chorreos que se veñen realizando nas rúas de Marín, as brigadas atopáronse co inconveniente de que esas rúas non foran chorreadas nunca xa que carecían de bocas de rega. Coa intención de que os chorreos se volvan a realizar cando sexa necesario, a brigada de obras do concello está a habilitar bocas de rega, para que a medida quede como definitiva e póidanse usar. Ademais os veciños, que están a aplaudir a medida, está a aproveitar para solicitar á concellería que vaia ampliando a rede de bocas por máis rúas.
Estas instalacións producen uns cortes de auga, que se está tentando que non se prolonguen máis dunha hora, e que sempre ás 12 da mañá o servizo estea activo, para que as molestias aos veciños sexan as menos posibles. Desde o Concello agradécese a paciencia aos veciños por unhas molestias que son polo ben común.











