A Biblioteca Provincial da Coruña organiza un obradoiro de contos no Día Internacional do Libro Infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Con motivo do Día Internacional do Libro Infantil a Biblioteca Provincial organiza un obradoiro de contos para nenos na entrada do centro, na Coruña. Será mañá de 18.00 a 20.00 horas no vestíbulo do centro.

Baixo o título “Andersen, onte e hoxe”, os pequenos realizarán un caderno de notas recreando os contos de “O parrulo feo” e a “A princesa e o chícharo” a través de ilustracións actuais. Non é preciso inscrición previa. 

Esta data celébrase dende 1967 coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor dalgúns dos contos máis coñecidos da literatura universal. Así, cada edición a Organización Internacional para o Libro Xuvenil (OBBY, Board on Books for Young People) promove esta data co obxectivo de apoiar a literatura infantil de calidade e fomentar a lectura entre os máis novos.

A Deputación  coincide con esta filosofía e por iso organiza na súa biblioteca, ademais doutros cursos e obradoiros, esta actividade aberta a todo mundo e que incluirá unha sorpresa para os participantes.

1 de abril de 2014 | 15:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.