A Biblioteca Provincial da Coruña celebra o Día do Libro con actividades para todas as idades
A Biblioteca Provincial da Deputación celebrou o Día do Libro con actividades para todos os públicos. Entre elas destaca o obradoiro infantil celebrado na entrada do centro no que os participantes crearon una postal e un marcapáxinas para conmemorar esta data. Na mesma sala hai tamén unha exposición sobre a historia do libro e os distintos soportes da escritura ao longo da historia titulada: “De la tablilla a la tablet”.
Ademais, durante a xornada do mércores sacouse a biblioteca á rúa para promocionar as súas accións e celebráronse visitas guiadas polas instalacións, que incluían unha pequena mostra de libros raros e valiosos dos que dispón o centro. Para completar a oferta, a Biblioteca organizou tamén “citas a cegas” cos libros nas que os usuarios podían elixir un préstamo sorpresa no recuncho preparado para esta actividade.
Por último, aproveitando a data, procedeuse á entrega de premios do III Concurso Palabras de Amor polo que o gañador se levou un netbook, o segundo un MP3, e o terceiro un lote de libros.
24 de abril de 2014 | 18:39 • Sen comentarios











