A Biblioteca municipal do Carballiño convida aos cativos a un obradoiro de ilustración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Este xoves, 24 de abril, todos os nenos e nenas do Carballiño poderán participar no taller de ilustración, organizado pola área de Cultura na Biblioteca Municipal. Comezará ás 18:00 horas e terá unha duración de 60 minutos, sendo a capacidade máxima para esta actividade de 20 persoas, polo que os interesados deberán estar na biblioteca á hora de inicio. As idades dos nenos e nenas que poderán participar serán desde os 3 aos 12 anos.

Durante este taller os participantes poderán sacar ao artista que levan dentro, creando personaxes con elementos como froitas, verduras, etc.Todos os traballos que se realicen serán colocados nun gran mural colectivo, que posteriormente se subirá á web da biblioteca carballiñesa.

Esta actividade é completamente gratuíta, e estará dirixida por Teatro Babaluva.

22 de abril de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.