A biblioteca da praza de España en Ferrol acolle unha nova sesión de contacontos
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza unha nova actividade infantil na Bibliioteca Municipal Central da Praza de España. Nesta ocasión trátase dunha sesión de contacontos que terá lugar mañá venres, día 4 de abril, ás 18.00 horas.
Como é habitual na programación de actividades da Biblioteca Municipal esta é gratuíta. A sesión de contacontos correrá a cargo da narradora Soledad Felloza e terá lugar na Sala Infantil e Xuvenil das devanditas dependencias municipais da Praza de España.











