A aula lúdica da Laracha abrirá en horario de mañá durante a Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha adaptará o horario da aula lúdica municipal durante a Semana Santa para adecualo ás vacacións nos centros de ensino e facilitar a conciliación persoal e laboral das familias con nenos ao seu cargo.

O luns 14, martes 15, mércores 16 e luns 21 de abril este servizo estará en funcionamento en horario de mañá, concretamente das 9.00 ás 14.00 horas. A instalación permanecerá pechada os festivos, isto é, o xoves e o venres.

A aula lúdica municipal trátase dun servizo gratuíto que o Concello da Laracha ofrece aos seus veciños no marco do Plan Harmoniza, que é cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña.

Para ser usuario é imprescindible reservar previamente a praza acudindo ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), situado no novo edificio administrativo. Os únicos requisitos son que o neno teña entre 3 e 12 anos de idade e que estea empadroado no Concello da Laracha.

4 de abril de 2014 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.