A aula CeMIT de Verín ofrece trece novas accións formativas
Durante o mes de maio, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará trece novos cursos formativos para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.
Os cursos que terán lugar son: alfabetización (iniciación, Internet, correo electrónico), redes sociais (Facebook, ferramenta na nube Google App, iniciación, Internet), administración electrónica, ofimática (procesador de textos, folla de cálculo), e retoque fotográfico (presentacións gráficas). Os mesmos serven de continuación aos realizados nas pasadas semanas que foron de Internet, correo electrónico, DNI electrónico, administración electrónica, opera co teu banco, redes sociais, procesador de textos, folla de cálculo, e retoque fotográfico.
Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos e seminarios deben realizar a súa inscrición na Aula CeMIT de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT. Para máis información dirixirse a Aula CeMIT do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, andar 1- porta 11 ou no correo electrónicos: cemit.verin@xunta.es.











