A aula Cemit de Poio abre ao público o 7 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A partir deste luns 7 de abril está xa en marcha e totalmente operativa a Aula CeMIT, que permaneceu pechada ao público e sen actividade desde decembro. Isto foi así porque a Xunta comunicou a desaparición do protocolo de adhesión que existía cos concellos, e que pasou a ser substituído por un novo convenio.

Para poder acceder a el, foi necesario conseguir a consideración deste centro como Aula de Referencia, para o que houbo que facer unha serie de reformas e adaptarse ás novas características, e cumprir ademais cos requisitos establecidos pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiza (AMTEGA)

– que a Aula municipal tivese no ano anterior unha actividade relacionada coa alfabetización e inclusión dixital igual ou superior ao 50%, e que o número de usuarios da aula represente máis do 2% da poboación.

No caso da aula de Poio, só no ano 2013 tivemos 414 usuarios, que realizaron preto de 8500 accesos á aula, e impartíronse 910 horas de cursos de formación.

Unha vez que AMTEGA a través da FEGAMP nos comunicou a consideración de Combarro como Aula de Referencia, asinouse o novo convenio coa Xunta, polo que se conseguiu ademais unha achega económica de 15000 € para levar a cabo durante o 2014 un programa anual específico de actuacións de inclusión dixital, dentro do PLAN DE INCLUSIÓN DIXITAL NO EIDO DA ADMON LOCAL.

En todo caso, os obxectivos da aula siguen a ser:

– promover a alfabetización dixital da sociedade

– Potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica e empresarial.

– Implantar os servizos electrónicos.

– Proporcionar formación adecuada ás novas demandas tecnolóxicas, multimedia e audiovisual

– Dinamizar as pequenas e medianas empresas e o uso da tecnoloxía para a búsqueda de emprego.

Para isto, as instalacións están equipadas con 10 ordenadores e un equipo adaptado de Tic Tac para persoas con necesidades especiais, con elementos accesibles, impresoras, escáner, auriculares e webcams, lectores de dni electrónico, cámara de fotos e proxector.

Ademais, complétase con acceso a WIFI en todo o local, para que as persoas que se dean de alta como usuarias poidan acceder a internet cos seus dispositivos portátiles, ordenadores, tablets ou móbiles.

Elaborouse ademais a planificación de cursos formativos, hoxe damos a coñecer a proposta para o trimestre e abrimos a inscrición para os cursos de abril (iniciación – emprego)

Para estar ao tanto dos cursos ofertados: publicitaranse mensualmente a través de prensa, cartelaría, web do concello e facebook, e poden solicitar información e inscribirse tanto presencialmente na aula como no tlf. 986 770 001 ext. 321 ou no correo-e cemit.poio@xunta.es.

O horario da aula: de luns a venres de 17 a 21h. E luns, martes e mércores, tamén pola mañá de 10 a 12.

Ademais da oferta formativa, estará a disposición a Aula Aberta, o servizo que permite acceder de xeito libre e gratuíto tanto aos equipos como a internet, co apoio se é preciso do axente TIC. O acceso á aula aberta serán aquelas franxas horarias nas que non se imparten cursos e que se da a coñecer mensualmente e está ademais na porta da aula.

Desde que no o ano 2008 o Concello de Poio puxo en funcionamento este centro, fixemos unha aposta decidida polo seu mantemento, e traballamos para poder dar aos veciños de Poio este servizo, un servizo que consideramos fundamental para achegarlle as ferramentas básicas a aquelas persoas con dificultades para acceder á sociedade da información e ás novas tecnoloxías, e contribuír a minorar o que se coñece como a “fenda dixital”.

Con este fin, ofrécense os coñecementos básicos a aquelas persoas que non teñen formación, o que ven sendo a alfabetización dixital, pero tamén cursos específicos para usuarios máis avanzados, e poñendo os equipamentos tecnolóxicos e o acceso a internet de xeito libre e gratuíto a disposición de aquelas persoas que non contan con estes recursos nas súas casas.

Para nós é fundamental proporcionar a as ferramentas de adaptación e uso das novas tecnoloxías aos veciños e veciñas de Poio, o que moitas veces dicimos “estar preparados para o futuro” pero que en realidade xa é o presente.

4 de abril de 2014 | 20:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.