A Aula CEMIT de Ourense acollerá 9 novos cursos gratuítos de formación sobre novas tecnologías
A Aula CEMIT de Ourense acollerá durante os vindeiros meses de maio e xuño un total de 9 novos cursos de formación, gratuítos, que pretende achegar á cidadanía ás novas tecnoloxías. A oferta de actividades inclúe cursos dende Iniciación á Informática ata Posicionamento web, pasando por edición de sonido, uso seguro de Internet para nais e pais, ferramentas na nube ou creación de páxinas web, entre outros.
As persoas interesadas poden solicitar máis información na Aula CEMIT, sita na rúa Progreso, 44, teléfono 988 374523, ou inscribirse en http://cemit.xunta.es/centro/55.
Os cursos son os seguintes
– Iniciación á informática, os días 5, 6, 7, 8 e 9 de maio de 10:00 a 12:00 horas.
– Edición de sonido – AUDACITY, os días 13, 14 e 15 de maio de 10:00 a 12:00
– Uso seguro de Internet para nais e pais: 19, 20 e 21 de maio de 10:00 a 12:00
– Creación de páxinas web – JOOMLA (Nivel básico): 26, 27, 28, 29 e 30 de maio, de 10:00 a 12:00
– Creación de páxinas web – JOOMLA (Nivel avanzado): 2, 3, 4, 5 e 6 de xuño de 10:00 a 12:00
– Realizar trámites a través de Internet: 9 e 10 de xuño de 10:00 a 12:00
– Ferramentas na nube – GOOGLE APPS, 12 e 13 de xuño, de 10:00 a 12:00
– Posicionamento web – SEO: 19 e 20 de xuño de 10:00 a 12:00
– Folla de cálculo – CALC: 24, 26 e 27 de xuño de 10:00 a 12:00
Potenciar o uso das novas tecnoloxías
A aula CeMIT pretende ser un referente para todas as persoas que desexen incrementar os seus coñecementos informáticos, potenciar o uso das novas tecnoloxías entre as de maior idade, e a súa utilización para a formación, a búsqueda de emprego ou o ocio, dentro do obxectivo do Concello de Ourense a través da Concellería de Emprego e Promoción Económica de diminuír a fenda dixital implantando políticas de accesibilidade web para todas as persoas, independentemente das súas limitacións físicas ou das derivadas do seu contorno.
A Aula (antigo telecentro) municipal forma parte da rede CeMIT Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia.











