A asociación “Véspera de nada” de Tomiño presenta a “Guía para o descenso enerxético” este sábado
A “Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo”, presentará o vindeiro sábado, 5 de abril, no pavillón multiusos de Sobrada, a partir das 19.00, a Guía para o descenso enerxético, editada coa colaboración dos Concellos de Tomiño, Teo e Rianxo.
A publicación é o resultado dunha campaña de crowfunding, na que participaron numerosas persoas e entidades que fixeron achegas especialmente destacadas.
A Guía para o descenso enerxético é un proxecto da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo; nada coa intención de “tender pontes entre todos aqueles colectivos, iniciativas e persoas que buscan un futuro para a nosa terra nun contexto de escaseza enerxética permanente que xa comezou”.
O obxectivo dos asociados é concienciar á poboación galega acerca do fenómeno do cénit da extracción mundial de petróleo e dar a coñecer as opcións que existen a nivel individual e como país.











