publicidade hoxe

A asociación Saíñas de Xove organiza o VI Festival Infantil de Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Este sábado, 12 ABRIL, ás 19:30 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico, a Asociación Cultural Saiñas de Xove organiza o VIº FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA.

Este ano contamos coas seguintes agrupacións:

-“ARCO DA VELLA” DE SAN  MIGUEL DE REINANTE.

-“ÑÁÑARAS”, “CACHARELAS”  e os grupos de Iniciación tanto baile como de pandeireta de Saiñas de Xove.

Como dixemos, a organización corre a cargo da Asociación, contándose para este evento coa colaboración do Concello de Xove.

En total van a participar  máis de 100 nenos/as e rapaces/as con idades entre os 8 e os 15 anos aproximadamente.

Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñanos, así como a tódolos visitantes nesta Semana Santa.

11 de abril de 2014 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.