A asociación de mulleres rurais Tempo Gañado de Salvaterra congregou a 300 socias na súa tradicional xuntanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Tódolos anos a Asociación de Mulleres Rurais organiza unha cena para as súas socias, onde se fai balance do ano e de todas as actividades e cursos que se realizan. Esta Asociación é unha das mais activas, agora mesmo está realizando máis de  15  cursos e organiza unha excursión a Salamanca a finais de maio, ademais de ser a segunda por número de socias da provincia.

Este ano ademais aproveitouse a noite para darlle un cariño moi especial a unha persoa que durante moitos anos loitou e traballou dende a directiva por este proxecto, e que este ano deixou o seu cargo para vivir a asociación dende o lado das socias, por iso esta Asociación quere facer público todo o traballo e esforzo realizado por Olga Teixeira a prol dun soño común.

23 de abril de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.