A asociación de discapacitados físicos do Carballiño renova directiva e reactiva a actividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A Asociación de Discapacitados Físicos do Carballiño e Comarca levaba un tempo sen actividade polo que os seus membros decidiron revitalizala, elixindo unha nova directiva e, ao mesmo tempo organizando novas actividades para os socios. Por tal motivo informan aos actuais socios, e aos que queiran participar na mesma, que acudan á asemblea, que terá lugar o próximo mes de maio.

Entre os obxectivos desta asociación están, principalmente, o potenciar a inserción laboral dos socios, así como tentar eliminar todas as barreiras arquitectónicas que aínda existen na vila e a comarca. Doutra banda convocaranse periodicamente actividades lúdico-culturais, coas que pretenden manter viva a asociación. Unha destas actividades será unha charla dun fisioterapeuta, que estará aberta a  todo o  público pero dirixida a este colectivo.

Precisamente é outro dos obxectivos marcados na asociación, o buscar servizos para os asociados, como podían ser axudas para tratamentos de fisioterapia e similares.

Todos os interesados en participar nesta nova etapa da asociación de discapacitados físicos do Carballiño poden porse en contacto con eles no teléfono 639334491.

3 de abril de 2014 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.